Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx. 30573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 1 de xullo de 2016, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica o acordo de iniciación do 10 de maio de 2016 relativo ao expediente sancionador LU-16/2016, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado que a seguir se relaciona o acordo de iniciación do procedemento sancionador en materia de turismo, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, expediente número LU-16/2016, incoado ao titular do establecemento de turismo rural denominado A Fervenza Casa Grande, situado no lugar da Fervenza, s/n, do concello do Corgo (Lugo), xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non puido practicarse.

Noméase instrutora do procedemento a Mercedes Campos Casares e secretaria a Carmen Enríquez Río, funcionarias desta Área Provincial de Turismo, sendo o seu réxime de recusación o previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Segundo o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación para achegar por escrito cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Real decreto 1398/1993, de non efectuar alegacións no prazo anteriormente indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá poñer fin ao expediente. Para efectualo deberá empregar o impreso normalizado que lle será facilitado na Área Provincial de Turismo, sita no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rolda da Muralla de Lugo.

O órgano competente para a resolución do procedemento é a xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo, segundo o disposto no artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, e no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Lugo, 1 de xullo de 2016

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-16/2016.

Denunciada: Casa Grande da Fervenza, S.L.

Establecemento: Turismo Rural A Fervenza Casa Grande.

Enderezo: A Fervenza, s/n.

Localidade: O Corgo (Lugo).

Feitos denunciados: deficiencias na información.

Preceptos infrinxidos: artigo 12 da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 109.3 da Lei 7/2011.

Cualificación: leve.

Sanción: 100,00 € (cen euros).