Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33504

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (96/2016).

ETJ execución de títulos xudiciais 96/2016

Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 700/2014

Sobre despedimento

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 96/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucas Méndez Fernández, contra a empresa Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Vázquez Cabo, Sotegal de Enerxía, S.L., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Manuel Lombardía Rodríguez, Ensinor Sistemas, S.L.U., sobre reclamación de cantidade, se ditaron auto e decreto con data do 30 de xuño de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orden xeral de execución a favor da parte executante, Lucas Méndez Fernández, fronte a Gallega de Técnica de Investimentos, S.L., Sotegal de Energías, S.L., Esinor Sistemas, S.L.U., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Manuel Vázquez Cabo, Manuel Lombardía Rodríguez, parte executada, en forma solidaria, por importe de 77.747,85 euros en concepto de principal (42.099,75 € indemnización + 35.648,10 € salarios de tramitación), máis 7.774,78 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación e débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0096 16. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0096 16”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Gallega de Técnica de Investimentos, S.L., Sotegal de Energías, S.L., Esinor Sistemas, S.L.U., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Manuel Vázquez Cabo, Manuel Lombardía Rodríguez, pola cantidade reclamada 77.747,85 euros de principal (42.099,75 € indemnización + 35.648,10 € salarios de tramitación), máis 7.774,78 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas e, se non pagan no prazo de dez días, procédase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Gallega de Técnica de Investimentos, S.L., Sotegal de Energías, S.L., Esinor Sistemas, S.L.U., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Manuel Vázquez Cabo, Manuel Lombardía Rodríguez, co fin de que no prazo de dez días manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Póñase en coñecemento do Rexistro Público Concursal o auto do 30 de xuño de 2016 polo cal se despacha execución, con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3, epígrafe final).

Notifíquese ás partes, á Sotegal de Energía, S.L., Pocomaco Inversiones, S.A.U. e Manuel Lombardía Rodríguez, por medio de edictos no DOG, e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0096 16. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0096 16”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Sotegal de Enerxía, S.L., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Manuel Lombardía Rodríguez, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza