Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 2 de agosto de 2016 Páx. 34326

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1330/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 de A Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1330/2013, por instancia de Felipe Manuel Santiago Pedrosa contra a empresa S&V Seguridad, S.A., a empresa Prosegur Compañía de Seguridad, S.A. (desistida) e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que se ditou sentenza con data do 1.1.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Felipe Manuel Santiago Pedrosa fronte ás empresas S&V Seguridad, S.A. e Prosegur Compañía de Seguridad, S.A. (desistida), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa S&V Seguridad, S.A. a aboar a Felipe Manuel Santiago Pedrosa a cantidade de oitocentos corenta e seis euros con noventa e cinco céntimos (846,95 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio previsto no artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer do recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa S&V Seguridad, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de xullo de 2016

A secretaria xudicial