Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 2 de agosto de 2016 Páx. 34340

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (295/2013).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 295/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio García García contra Fogasa, Forensic Solutions, S.L.P., Esabe Vigilancia, S.A. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Sergio García García contra Esabe Vigilancia, S.A. e Forensic Solutions, S.L.P., debo condenar e condeno a mercantil demandada Esabe Vigilancia, S.A. a lle aboar ao demandante a suma de 3.692,74 euros polos conceptos sinalados nesta resolución, máis o xuro do artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; así como ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante en importe de 200 euros. Condeno a demandada Forensic Solutions, S.L.P., na súa condición de administradora concursal de Esabe Vigilancia, S.A., a se ater aos ditos pronunciamentos, cos efectos legais inherentes.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza