Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34466

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (249/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 249/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Manuel Lamas Sánchez contra Jaisuyoma Arias Bastos, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 185/2016.

«Resolución:

Que estimando substancialmente a demanda interposta por Ramón Manuel Lamas Sánchez contra Jaisuyoma Arias Bastos, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 6.333,62 euros polos conceptos e co detalle efectuado no feito probado cuarto da presente resolución, máis os xuros previstos no artigo 1.108 do Código civil respecto da indemnización (1.344,74 €) e os do 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais (4.988,88 €), desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza deuna, leuna e publicouna a mesma xuíza que a subscribe, en audiencia pública, en Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jaisuyoma Arias Bastos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza