Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35464

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (21/2016).

Demetrio Mato Bartolomé, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada, dou fe e testemuño que nos autos de divorcio contencioso 21/2016 consta a sentenza cuxo encabezamento e resolución literalmente se pasan a transcribir a continuación:

«Sentenza

A Estrada, 21 de xuño de 2016.

Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia Sobre a Muller da Estrada e o seu partido xudicial, os presentes autos de divorcio seguidos co número 21/2016 por instancia de Mª Elena Barcal Meilán, representada pola procuradora dos tribunais Sra. Chicharro Villamor e asistida pola letrada Sra. Magariños Cobas, contra José Manuel Souto Iglesias, declarado en rebeldía procesual, coa intervención do Ministerio Fiscal, representado por Alejandro Tuero González.

Parte dispositiva

Debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada pola procuradora dos tribunais, Sra. Chicharro Villamor, en nome e representación de Mª Elena Barcala Meilán, contra José Manuel Souto Iglesias, declarado en rebeldía procesual, cos seguintes pronunciamentos:

1º) A disolución por divorcio do matrimonio canónico contraído por Mª Elena Barcal Meilán e José Manuel Souto Iglesias, o 20 de novembro de 1999, na igrexa de San Xurxo de Cereixo neste termo municipal, con todos os efectos que lle son inherentes.

2º) A garda e custodia das fillas menores, Natalia e Iria, á nai, Mª Elena Barcala Meilán, quedando a patria potestade compartida por ambos os dous proxenitores, ben que se lle atribúe á nai, Mª Elena, o seu exercicio exclusivo.

3º) Prescindir do establecemento dun réxime de comunicación e estancia do pai, José Manuel Souto Iglesias coas súas fillas, Natalia e Iria.

4º) O establecemento dunha pensión de alimentos a cargo de José Manuel e a favor das súas fillas menores, Natalia e Iria, de 500 euros, que deberá satisfacer José Manuel, nos cinco primeiros días de cada mes e por mensualidades anticipadas na conta bancaria que sinale Mª Elena. Esta cantidade é actualizable anualmente conforme o aumento ou diminución que experimente o índice xeral anual do índice de prezos de consumo.

5º) A contribución de Mª Elena e José Manuel aos gastos extraordinarios das menores por metade, en especial os de educación e asistencia médica.

6º) A atribución do uso e desfrute do domicilio conxugal, sito no lugar de Vilapouca nº 10, Cereixo, A Estrada, ás menores Natalia e Iria e á súa nai, Mª Elena Barcala Meilán.

7º) Dedúzase testemuño da demanda e do actuado na vista á Axencia Tributaria, para os efectos procedentes fronte a José Manuel Souto Iglesias.

Non procede especial pronunciamento en materia de custas, por non se formular controversia entre as partes.

Esta sentenza non é firme, contra ela pode interpoñerse recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, neste mesmo xulgado, no prazo de cinco días, contados a partir do seguinte ao da súa notificación. Para a interposición do recurso, deberase acreditar, no momento de prepararse o recurso, a consignación dun depósito de 50 euros (cincuenta euros), na conta de consignacións e depósitos deste xulgado baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Unha vez firme a presente resolución comuníquese ao rexistro civil onde conste inscrito o matrimonio, co obxecto da práctica do asento que corresponda.

Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así o acordo, mando e asino».

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao que me remito, e expídese o presente edicto para que sirva de notificación ao demandado José Manuel Souto Iglesias, actualmente en ignorado paradoiro.

A Estrada, 29 de xuño de 2016

O letrado da Administración de xustiza