Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35467

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1237/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1237/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tania María Mariñas Recarey contra Mensajeros de los Cesares, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou resolución o 13.7.2016 contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, e fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Mensajeros de los Cesares, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xullo de 2016

O letrado da Administración de xustiza