Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36223

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 9 de agosto de 2016 pola que se modifican os concertos educativos con centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional.

Pola Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 14 de febreiro de 2013 (DOG núm. 62, do 1 de abril), ditáronse as normas para a aplicación do réxime de concertos educativos cos centros docentes privados a partir do curso académico 2013/14, de conformidade co establecido na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos.

Mediante Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 9 de agosto de 2013 (DOG do 14 de agosto), aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial (PCPI), ciclos formativos de grao medio e de grao superior, por un período de 4 anos ata o final do curso 2016/17; concertos que foron modificados pola orde da mesma consellería do 10 de agosto de 2015 (DOG do 17 de agosto), modificada pola Orde do 9 de outubro de 2015 (DOG do 19 de outubro).

De conformidade co artigo 4 da Orde do 14 de febreiro de 2013 pola que se establecen as normas de aplicación do réxime de concertos educativos, os que se subscriban ou modifican pola presente orde rematarán ao final do curso 2016/17, sen prexuízo da súa posible modificación dentro do seu período de vixencia seguindo o procedemento do artigo 15 da mesma norma, por instancia de parte ou de oficio.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, na súa virtude, e no uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación dos concertos vixentes

1. Modificar os concertos educativos subscritos polos centros docentes privados que se relacionan no anexo I desta orde, nos termos que no mesmo anexo se establecen.

2. As modificacións a que se refire o punto 1 deste artigo terán vixencia ata o final do curso 2016/17.

Artigo 2. Desestimación de solicitudes

Desestimar as solicitudes de modificación ou de subscrición de concerto educativo formuladas polos centros docentes que se relacionan no anexo II da presente orde polos motivos que en cada caso se especifican.

Artigo 3. Formalización do concerto

1. As modificacións formalizaranse mediante addenda ao documento administrativo de formalización do concerto educativo subscrito polo centro, que será asinado pola persoa titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada e polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, de conformidade coa Orde do 25 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. Os centros afectados acreditarán ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, que se atopan ao día no pagamento de todas as súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

3. Se a persoa titular do centro non subscribise o documento de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaída no seu dereito.

Artigo 4. Horas de orientación

Como consecuencia da modificación das unidades concertadas de ESO, varíanselles en proporción as horas de orientación educativa aos centros docentes relacionados na letra f) do anexo I.

Artigo 5. Formación en centros de traballo

Modificar a formación en centros de traballo (FCT) para os ciclos formativos de grao medio e superior de duración dun curso, que se relacionan nas letras g) e h) no anexo I, que se realizará nos meses de setembro a novembro de 2016.

Artigo 6. Efectos da modificación

As modificacións a que se refire esta orde terán efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2016.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Modificacións realizadas de conformidade co artigo 15
da Orde do 14 de febreiro de 2013

a) Educación Infantil:

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15032157

CPR Plurilingüe Andaina

Culleredo

A Coruña

Incrementar o concerto de 2 unidades

15010071

CPR Jorge Juan

Narón

A Coruña

Incrementar o concerto de 1 unidade

15010794

CPR Plurilingüe Jaime Balmes

Noia

A Coruña

Suprimir o concerto de 2 unidades

15014520

CPR Plurilingüe Galaxia

Ribeira

A Coruña

Suprimir o concerto de 1 unidade

27006255

CPR Divino Maestro

Lugo

Lugo

– Suprimir o concerto de 1 unidade padroado)

– Incrementar o concerto de 1 unidade ( ordinaria)

b) Educación Primaria (EP) e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO):

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15004046

CPR Cid

A Coruña

A Coruña

Incrementar o concerto de 1 unidade de EP

15004460

CPR Plurilingüe Peñarredonda

A Coruña

A Coruña

Incrementar o concerto de

2 unidades de EP

15004642

CPR Plurilingüe Santa María del Mar

A Coruña

A Coruña

Incrementar o concerto de 2 unidades de EP

15020489

CPR Plurilingüe Montespiño

Culleredo

A Coruña

Suprimir o concerto de 2 unidades dde EP

15010071

CPR Jorge Juan

Narón

A Coruña

Incrementar o concerto de 1 unidade de EP

15015366

CPR Casa do Neno

Santiago de Compostela

A Coruña

Incrementar o concerto de 1 unidade de EP

15015615

CPR San Francisco Javier

Santiago de Compostela

A Coruña

Suprimir o concerto de 1 unidade de EP

32009062

CPR Cardenal Cisneros

Ourense

Ourense

Suprimir o concerto de 3 unidades de EP

32008458

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

Ourense

Ourense

Incrementar o concerto de

2 unidades de EP

32016194

CPR Plurilingüe Guillelme Brown

O Pereiro

de Aguiar

Ourense

Incrementar o concerto de 1 unidade de EP

32020720

CPR Plurilingüe Miraflores

O Pereiro

de Aguiar

Ourense

Incrementar o concerto de 1 unidade de EP

36016115

CPR Eduardo Pondal

Cangas

Pontevedra

– Suprimir o concerto de 1 unidade de EP

– Incrementar o concerto de

1 unidade de ESO (3º/4º)

36005427

CPR Plurilingüe Lar

Mos

Pontevedra

Incrementar o concerto de 1 unidade de ESO (3º/4º)

36011622

CPR Aloya

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto de 1 unidade de ESO (3º/4º)

36010794

CPR Fillas de María Inmaculada

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto de 1 unidade de ESO (1º/2º)

c) Educación Especial:

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15020431

CPR Agarimo

Arteixo

A Coruña

Incrementar o concerto

1 unidade-psíquicos

15004794

CPR Fogar de Santa Margarida

A Coruña

A Coruña

Incrementar o concerto

1 unidade-plurideficientes

15004538

CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco

A Coruña

A Coruña

Incrementar o concerto

1 unidade-plurideficientes

15032674

CPR Amicos

Ribeira

A Coruña

Incrementar o concerto

1 unidade-autistas

36016115

CPR Eduardo Pondal

Cangas

Pontevedra

Concertar 1 unidade-psíquicos

36011257

CPR El Pilar

Vigo

Pontevedra

Concertar 1 unidade-psíquicos

d) Ciclos formativos de grao medio de formación profesional:

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15020313

EFA Piñeiral

Arzúa

A Coruña

– Concertar o 2º curso de Actividades Comerciais (1 unidade)

– Concertar o 1º curso de Panadaría, Repostaría e Confeitaría (1 unidade)

15021986

CPR Cruz Roja Española

A Coruña

A Coruña

Concertar o 2º curso de Farmacia e Parafarmacia (1 unidade)

15004794

CPR Fogar de Santa Margarida

A Coruña

A Coruña

Concertar o 2º curso de Actividades Comerciais (1 unidade)

15004782

CPR La Grande Obra

de Atocha

A Coruña

A Coruña

Concertar o 2º curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

15005488

CPR López y Vicuña

A Coruña

A Coruña

Suprimir o 1º curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

15004356

CPR Nebrija Torre de Hércules

A Coruña

A Coruña

Concertar o 2º curso de Actividades Comerciais (1 unidade)

15009470

CPR Loyola

Mugardos

A Coruña

Concertar o 2º curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

15010769

CPR Plurilingüe María Assumpta

Noia

A Coruña

– Concertar o 2º curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

– Concertar o 2º curso de Actividades Comerciais (1 unidade)

15013461

CPR San José

Pontedeume

A Coruña

Concertar o 2º curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

27011718

CPR Belarmino Fernández Iglesias

Sober

Lugo

Concertar o 1º curso de Servizos en Restauración (1 unidade)

32008914

CPR Santo Cristo

Ourense

Ourense

Concertar o 2º curso de Actividades Comerciais (1 unidade)

36000417

CPR San Fermín

Caldas

de Reis

Pontevedra

– Concertar o 2º curso de Actividades Comerciais (1 unidade)

– Concertar o 2º curso de Instalacións Eléctricas e Automáticas (1 unidade)

36005671

EFA A Cancela

As Neves

Pontevedra

Concertar o 1º curso de Panadaría, Repostaría e Confeitaría (1 unidade)

36018033

CPR Plurilingüe Vigo

Redondela

Pontevedra

Concertar o 2º curso de Actividades Comerciais (1 unidade)

36011609

CPR Colegio Hogar Afundación

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso de Impresión Gráfica (1 unidade)

36010794

CPR Fillas de María Inmaculada

Vigo

Pontevedra

– Concertar o 2º curso de Actividades Comerciais (1 unidade)

– Concertar o 2º curso de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (1 unidade)

36016723

CPR Mendiño

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso de Actividades Comerciais (1 unidade)

e) Ciclos formativos de grao superior de formación profesional:

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15020313

EFA El Piñeiral

Arzúa

A Coruña

Concertar o 2º curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

(1 unidade)

15021974

EFA Fonteboa

Coristanco

A Coruña

Concertar o 1º curso de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal

(1 unidade)

15005270

CPR Afundación

A Coruña

A Coruña

A Coruña

– Suprimir o 1º curso de Asistencia á Dirección (1 unidade)

– Concertar o 2º curso de Asistencia á Dirección (1 unidade)

15021986

CPR Cruz Roja Española

A Coruña

A Coruña

– Concertar o 2º curso de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (1 unidade)

– Suprimir o concerto do 2º curso de Imaxe para o Diagnóstico

(1 unidade)

36011622

CPR Aloya

Vigo

Pontevedra

– Suprimir o 1º curso de Educación Infantil (1 unidade)

– Concertar o 2º curso de Educación Infantil (1 unidade)

– Concertar o 2º curso de Asistencia á Dirección (1 unidade)

– Concertar o 2º curso de Integración Social (1 unidade)

– Concertar o 2º curso de Laboratorio Clínico e Biomédico

(1 unidade)

– Suprimir o concerto do 2º curso de Laboratorio de Diagnóstico Clínico (1 unidade)

– Concertar o 2º curso de Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico

(1 unidade)

– Suprimir o concerto do 2º curso de Anatomía Patolóxica e Citoloxía

(1 unidade)

36013795

CPR CEBEM

Vigo

Pontevedra

– Concertar o 2º curso de Asistencia á Dirección (1 unidade)

– Concertar o 2º curso de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (1 unidade)

36010794

CPR Fillas de

Mª Inmaculada

Vigo

Pontevedra

Concertar o 1º curso de Hixiene Bucodental (1 unidade)

36011361

CPR Plurilingüe San José de la Guía

Vigo

Pontevedra

– Suprimir o 1º curso de Integración Social (1 unidade)

– Concertar o 2º curso de Integración social (2 unidades)

36011521

CPR Vivas

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (1 unidade)

f) Horas de orientación:

Código

Denominación do centro

Concello

Diferencia horas

Total horas

1º e 2º curso

3º e 4º curso

36016115

CPR Eduardo Pondal

Cangas

1

25

36005427

CPR Plurilingüe Lar

Vigo

1

25

g) Formación en Centros de Traballo (FCT) ciclos formativos de grao medio:

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15020313

EFA El Piñeiral

Arzúa

A Coruña

Suprimir FCT de Comercio

(1 unidade)

15004794

CPR Fogar de Santa Margarida

A Coruña

A Coruña

Suprimir FCT de Comercio

(1 unidade)

15004265

CPR Plurilingüe Liceo

La Paz

A Coruña

A Coruña

Incrementar FCT de Coidados Auxiliares de Enfermaría (1 unidade)

15004356

CPR Nebrija Torre

de Hércules

A Coruña

A Coruña

Suprimir FCT de Comercio

(1 unidade)

15010769

CPR Plurilingüe María Assumpta

Noia

A Coruña

Suprimir FCT de Comercio

(1 unidade)

32008914

CPR Santo Cristo

Ourense

Ourense

Suprimir FCT de Comercio

(1 unidade)

36000417

CPR San Fermín

Caldas de Reis

Pontevedra

Suprimir FCT de Comercio

(1 unidade)

36018033

CPR Plurilingüe Vigo

Redondela

Pontevedra

Suprimir FCT de Comercio

(1 unidade)

36011609

CPR Colegio Hogar Afundación

Vigo

Pontevedra

Suprimir FCT de Impresión en Artes Gráficas (1 unidade)

36010794

CPR Fillas de

Mª Inmaculada

Vigo

Pontevedra

Suprimir FCT de Comercio

(1 unidade)

36016723

CPR Mendiño

Vigo

Pontevedra

Suprimir FCT de Comercio

(1 unidade)

h) Formación en Centros de Traballo (FCT) ciclos formativos de grao superior:

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15020313

EFA El Piñeiral

Arzúa

A Coruña

Suprimir FCT de Xestión Comercial e Márketing (1 unidade)

15005270

CPR Afundación

A Coruña

A Coruña

A Coruña

Suprimir FCT de Secretariado

(2 unidades)

36011622

CPR Aloya

Vigo

Pontevedra

-Suprimir FCT de Secretariado

(1 unidade)

-Suprimir FCT de Integración Social (1 unidade)

36013795

CPR CEBEM

Vigo

Pontevedra

Suprimir FCT de Secretariado

(1 unidade)

36011361

CPR Plurilingüe San José de la Guía

Vigo

Vigo

Suprimir FCT de Integración Social (2 unidades)

ANEXO II
Solicitudes de modificación ou subscrición desestimadas

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Motivo

15032832

CPR Niño Jesús

Betanzos

A Coruña

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas e non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de febreiro de 2013.

15004010

CPR Calasanz-PP.Escolapios

A Coruña

A Coruña

As necesidades educativas de Educación Especial da zona atópanse debidamente cubertas e non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de febreiro de 2013.

15015421

CPR Juventud

Santiago de Compostela

A Coruña

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas e non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de febreiro de 2013.

32016731

CPR Malvedo

Coles

Ourense

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas, segundo o artigo 7 da Orde do 14 de febreiro de 2013.

32016728

CPR Luis Vives

Ourense

Ourense

As necesidades educativas de Educación Especial da zona atópanse debidamente cubertas e non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de febreiro de 2013.

36001008

CPR Compañía de María

Cangas

Pontevedra

As necesidades educativas de Educación Especial da zona atópanse debidamente cubertas e non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de febreiro de 2013.

En relación coa unidade de educación especial, o centro só dispón, actualmente, de autorización para 1 unidade.

36024537

CE. Art. Atlántico

Vigo

Pontevedra

As ensinanzas que imparte o centro non están incluídas no ámbito da Orde do 14 de febreiro de 2013; inexistencia de dotación orzamentaria para concerto de ensinanzas artísticas, segundo o artigo 17 da mesma orde.

Centro de Formación Profesional San Eloy

Vigo

Pontevedra

O centro non dispón de autorización de apertura e funcionamento, artigo 3 da Orde do 14 de febreiro de 2013.

36015822

Marcote

Vigo

Pontevedra

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas e non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de febreiro de 2013.

36011831

CPR Plurilingüe

Las Acacias

Vigo

Pontevedra

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas e non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de febreiro de 2013.

3601121

CPR Plurilingüe

San Miguel 2

Vigo

Pontevedra

As necesidades educativas de FPB da zona atópanse debidamente cubertas e non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de febreiro de 2013.