Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37882

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 381/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 381/2016

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1254/2013. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: José González Alonso

Avogada: Rosa María Tárrago Nesta

Recorridos: Canteras Oya, S.L., Alonso Lorenzo y Montes, S.L., MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Gransitosa, S.L., Severino Domínguez Alonso, José Ramilo Varela

Avogados: César Antonio Pérez Nistal, Ramón José Pena Fraga, Lino Romero Alonso, Patricia Álvarez Alonso

Procuradores: José Antonio Castro Bugallo, Ricardo Estévez Cernadas, Inés Conde Rodríguez

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 381/2016 desta sección, seguido por instancia de José González Alonso contra Canteras Oya, S.L., Alonso Lorenzo y Montes, S.L., MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Gransitosa, S.L., Severino Domínguez Alonso, José Ramilo Varela, sobre outros dereitos de seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Rosa María Tárrago Nesta, en nome e representación de José González Alonso, contra a sentenza do vinte de outubro de dous mil quince, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo, en autos seguidos por instancia do recorrente fronte ás empresas Alonso Lorenzo y Montes, S.L., MGS Seguros y Reaseguros, Severino Domínguez Alonso, José Ramilo Varela, Canteras Oya, S.L. e Gransitosa, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, debemos confirmar e confirmamos a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Canteras Oya, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza