Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37884

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (910/2016).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 910/2016-PM-A

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 374/2014. Xulgado do Social número 1 de Pontevedra

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico da Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Josefa Gago Hermelo, Masso Hermanos, S.A.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 910/2016 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Masso Hermanos, S.A., sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do INSS, contra a Sentenza do 25 de novembro de 2015 ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Pontevedra, ditada en xuízo seguido por instancia de Josefa Gago Hermelo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, procede confirmala e confirmámola.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Masso Hermanos, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza