Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37886

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (565/2015).

Ana Rodríguez Puga, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de Testigos Cristianos de Jehová fronte a persoas descoñecidas e incertas ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Maxistrado: Pablo Muñoz Vázquez

Lugar: Viveiro

Data: 14 de marzo de 2016

Demandante: Testigos Cristianos de Jehová

Procuradora: María Oliva Acuña Santamarina

Avogados: Miguel García Martín e Ismael Robisco Robisco

Demandado: persoas descoñecidas e incertas con interese na herdanza de Josefa López Argiz

Demandado: Ministerio Fiscal

Tipo de procedemento: xuízo ordinario número 565/2015

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais María Oliva Acuña Santamarina, en nome e representación da confesión relixiosa Testigos Cristianos de Jehová, e por conseguinte declaro que a confesión relixiosa Testigos Cristianos de Jehová é a única herdeira testamentaria de Josefa López Argiz con base na cláusula segunda do testamento outorgado por Josefa López Argiz o 29 de outubro de 1993 ante o notario de Viveiro Jorge Luis Sánchez Carballo.

Cada parte aboará as súas custas e as comúns pola metade.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Rubricado».

E encontrándose o demandado, persoas descoñecidas e incertas, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Viveiro, 6 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza