Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37888

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (DSP 14/2016).

Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 14/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Hortas Astariz contra Monetize & Cash, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo a demanda presentada por María Hortas Ascariz, representada polo letrado Sr. Pérez Domínguez, contra Monetize & Cash, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia:

– Declaro improcedente o despedimento verbal con efectos desde o 16 de decembro de 2015.

– Non constando ser realizable a readmisión, por peche da empresa, declaro extinguida a relación laboral existente entre a demandante e a empresa demandada no día da data, e condeno a empresa a aboar á demandnate a cantidade de 3.251,71 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente, así como os salarios de tramitación devindicados desde o 16 de decembro de 2015 ata o día da data, a razón de 42,23 euros diarios.

As cantidades anteriores serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que correspondan.

Impoño á empresa demandada as custas procesuais causadas, incluídos os honorarios do letrado da parte demandante ata o límite de 600 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberá achegarse o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento, número 2322-0000-65-0014-16, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0014-16, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario “Xulgado do Social número 1 de Lugo” e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

E para que sirva de notificación en legal forma a Monetize & Cash, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 14 de xullo de 2016

O letrado da Administración de xustiza