Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 29 de agosto de 2016 Páx. 38219

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (740/2016).

María Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento recurso suplicación 740/2016 desta sección, seguidos por instancia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional de Administracións Públicas (Mº Administraciones Públicas), a Fundación Formación e Emprego de Galicia, a Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza (Forga), Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-CSIF), Deputación Provincial de Ourense, FSP UGT Galicia, Escola Galega de Administración Pública, Susana Crespo Maside, María Cruz Buján Varela, Francisco Javier Fernández Mateo, Fernando Domínguez Aguiar, Cristina Taboada Eire, Nuria Nerga Bacelar, Hilaria Brito Pérez, Fernando Groba Bouza, César Camoira Vega, María Emma Sanmartín Saez e Silvia Penas Estévez, sobre outros dereitos laborais, ditouse sentenza con data do 7 de xuño de 2016, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada da Xunta de Galicia, actuando en nome e representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, contra a sentenza de data tres de xullo de dous mil quince, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Ourense, en procedemento de oficio, con número de autos 117/2015, confirmamos a sentenza recorrida na súa integridade.

Imponse a condena nas costas do recurso á recorrente, con inclusión do aboamento dos honorarios da letrada impugnante do recurso, que se fixan na contía de 550 €.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fernando Groba Bouza, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 2 de agosto de 2016

A letrada da Administración de xustiza