Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43457

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (940/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 940/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Aránzazu Rey Lois contra a empresa administrador concursal, Forensic Solutions, S.L.P., administrador concursal, Fogasa, Esabe Vigilancia, S.A., Vigilancia Integrada, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por María Aránzazu Rey Lois contra Esabe Vigilancia, S.A., Forensic Solutions, S.L.P. (administradora concursal de Esabe Vigilancia, S.A.), Vigilancia Integrada, S.A. e Fogasa efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a Esabe Vigilancia, S.A. a aboarlle á demandante a suma de 8.698,80 euros brutos polos conceptos sinalados no feito probado sexto desta sentenza máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto da dita cantidade desde a interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

2. Debo condenar e condeno a Forensic Solutions, S.L.P., administradora concursal de Esabe Vigilancia, S.A., a aterse á anterior declaración e condena, na súa única condición de administradora concursal, con todos os efectos legais.

3. Debo absolver e absolvo a Vigilancia Integrada, S.A. das peticións deducidas na súa contra.

4. No que atangue á responsabilidade do Fogasa, deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza