Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43455

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (524/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 524/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marius Ionut Popescu contra a empresa Constructora San José, S.A., Dyr Yiranny Instalación y Decoración en Placas de Yeso, S.L., Somague Engenharia, S.A.-Sacyr, S.A., UTE As Cancelas Santiago e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo:

Tense a Marius Ionut Popescu por desistido da demanda de procedemento ordinario presentada contra Somague Engenharia, S.A. –sucursal en España Sacyr, S.A.–UTE As Cancelas Santiago, e Constructora San José, S.A. e decrétase o sobresemento e arquivamento do procedemento respecto das ditas codemandadas.

Que, estimando integramente a demanda interposta por Marius Ionut Popescu contra Dyr Yiranny Instalación y Decoración en Placas de Yeso, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 7.567,45 euros polos conceptos sinalados no feito cuarto da demanda e no feito probado sétimo desta resolución máis os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto da cantidade de 6.924,38 euros –correspondente aos conceptos salariais– desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil respecto da cantidade de 643,07 euros –correspondentes á indemnización por fin de contrato– desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir desta resolución.

No que atangue á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Dyr Yiranny Instalación y Decoración en Placas de Yeso, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza