Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51504

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (35/2014).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 35/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Pájaro Vidal contra Vázquez Carollo, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), sobre seguridade social, ditouse a seguinte sentenza o 24 de outubro de 2016, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Decido que estimo a demanda presentada a instancia de Santiago Pájaro Vidal, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), asistidos e representados pola letrada do INSS/TXSS a Sra. Guerra Díaz, e contra a entidade Vázquez Carollo, S.L., que non comparece neste acto malia estar debidamente citada e, en consecuencia, declárase o dereito do demandante a percibir a pensión de xubilación na contía do 100 % da base reguladora de 1.159,79 euros, con aplicación do coeficiente redutor do 72 % e condénase, considerando responsable a entidade Vázquez Carollo, S.L. pola diferenza da prestación recoñecida polo Instituto Nacional da Seguridade Social (base reguladora de 1.135,47 euros) e a declarada en vía xudicial (1.159,79 euros), á constitución do capital custo preciso ante a Tesouraría Xeral da Seguridade Social para dar cumprimento ao pagamento da pensión ao beneficiario, todo iso sen prexuízo do anticipo por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social das devanditas prestacións.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación. Advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vázquez Carollo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza