Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51941

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Carballiño MP1/2016-Gran Balneario.

O Pleno do Concello do Carballiño, na sesión ordinaria do 27 de outubro de 2016, acordou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Carballiño MP-1/2016-Gran Balneario, redactado polo arquitecto municipal.

Segundo. Someter o expediente a información pública, por un prazo de dous (2) meses, publicando os anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia (artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

A documentación sometida a información pública abranguerá todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o resumo executivo que exixe o artigo 25.3 do Real decreto lexislativo 7/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana e a Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 6 de setembro de 2016, pola que se formula o informe ambiental estratéxico.

Terceiro. En cumprimento do que dispón o artigo 60.7 da LSG, o Concello trasladará a documentación á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, co fin de que este órgano outorgue audiencia aos municipios limítrofes e solicite os informes sectoriais autonómicos que resulten preceptivos, que deberán ser emitidos no prazo de tres meses; transcorrido este, entenderanse emitidos con carácter favorable.

Cuarto. O acordo de aprobación inicial determina, por si só, a suspensión do outorgamento das licenzas que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de 2 anos, contados desde a aprobación inicial, en aplicación do disposto no artigo 47.2 da LSG.

Quinto. Solicitar os informes sectoriais non autonómicos que resulten preceptivos de conformidade co disposto no artigo 60.8 en relación co 83.5 da LSG.

O Carballiño, 10 de novembro de 2016

Francisco José Fumega Piñeiro
Alcalde