A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, define no seu artigo 14 o consello social como o órgano de participación da sociedade na universidade, indica que debe exercer como elemento de interrelación entre a sociedade e a universidade, e remite en canto á súa composición, funcións e designación dos seus membros á lei da comunidade autónoma correspondente.
A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, regula o consello social de cada unha das universidades públicas que integran o Sistema universitario de Galicia como órganos de participación da sociedade galega nas universidades e impulsan a colaboración entre estas e aquela, mediante a satisfacción polas universidades das necesidades do seu ámbito, contribuíndo eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico, científico e cultural de Galicia e á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria. Correspóndelle ao consello social de cada universidade a supervisión das actividades de carácter económico da universidade e do rendemento dos seus servizos e promover a colaboración da sociedade no financiamento da universidade, así como cantas outras funcións lle sexan atribuídas pola Lei 6/2013 e a demais normativa aplicable.
O artigo 77 da citada Lei 6/2013, determina a composición do consello social e os procedementos de designación e nomeamento dos seus membros.
Os membros que formaron parte do consello social ao longo do período 2012-2016 cesarán automaticamente na data de publicación desta orde, con excepción dos membros que se renovan pola presente orde.
Neste senso, a Universidade de Vigo, en uso das súas competencias, procedeu á designación dos representantes que lle corresponden.
Do mesmo xeito, cada unha das institucións e entidades previstas no artigo 77.3 da Lei 6/2013, remitiulle ao Consello Social da Universidade de Vigo, e este á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a comunicación coa designación dos seus representantes así como, en cumprimento do artigo 78 da citada lei, o documento de non incorrer en incompatibilidade.
Por todo iso,
DISPOÑO:
Artigo único
Facer pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo, para o período 2016-2020, que estará constituído polos seguintes membros:
I. En representación do Consello de Goberno da Universidade:
– Salustiano Mato de la Iglesia, reitor da universidade.
– Gloria Mª Pena Uris, secretaria xeral.
– Manuel Fernández Jáuregui, xerente.
– José Manuel García Vázquez, en representación do profesorado.
– Ernesto Vázquez-Rey Faro, en representación do estudantado.
– Carlos Mollinedo Lois, en representación do persoal de administración e servizos (PAS).
II. En representación dos intereses sociais de Galicia:
a) Designados polo Parlamento de Galicia:
– Xosé Manuel Atanes Limia.
– Javier Casares Mouriño.
– Mercedes Castro Mouzo.
– Jesús Graña Nogueiras.
– Mª Elvira Larriba Leira.
– Natalia Zunzunegui Garrido.
b) Designados pola Xunta de Galicia:
– Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social.
– Daniel Barata Quintás.
– César Blanco Gómez.
– José Manuel Figueroa Vila.
– Marta Iglesias Bueno.
– Francisco Gustavo Izquierdo Martínez.
– Ana Isabel Vázquez Reboredo.
c) Designados polos sindicatos:
– Emilio Fernández Zunzunegui, por Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.).
– Mª Elena Añel Cabanelas, pola Confederación Intersindical Galega (CIG).
– Manuel González Piñeiro, pola Unión Xeral de Traballadores (UGT-Galicia).
d) Designados polas organizacións empresariais:
– José Manuel Pérez Canal (Ourense).
– Juan Manuel Piñeiro Rivas (Ourense).
– Javier Garrido Valenzuela (Pontevedra).
– Jorge Cebreiros Arce (Vigo).
e) Designados polas corporacións locais dos concellos dos campus:
– Yolanda López Fernández (Ourense).
– Mª do Carmen Fouces Díaz (Pontevedra).
– Xulio Calviño Rodríguez (Vigo).
f) Designado pola Asociación de Antigos Alumnos:
– José María Franco García.
g) Designado polos colexios profesionais vinculados coa oferta formativa da universidade:
– Antonio Macho Senra.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2016
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria