Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55327

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 46/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 46/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa Valcuende López contra Decogar, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 46/2014.

Demandante: María Luisa Valcuende López.

Letrado: Sr. Pena López.

Demandada: Decogar, S.A.

Letrado:

Fogasa.

Letrado: Sr. Crespí Rodríguez.

«Sentenza número 545/2016.

A Coruña, 23 de novembro de 2016.

Resolución:

1. Desestimo a demanda formulada por María Luisa Valcuende López fronte á empresa Decogar, S.A. e, en consecuencia, absólvoa dos pedimentos que se dirixen fronte a ela.

2. O Fogasa deberase ater á presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS, cos límites previstos no artigo 33 do ET.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Decogar, S.A., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios de oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza