Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56230

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (438/2016).

En virtude do acordado nos autos de modificación de medidas no suposto contencioso 438/2016, como consecuencia do ignorado paradoiro de Antonio Mª Filgueiras Paz, por este edicto notifícaselle a sentenza ditada en autos do 29 de novembro de 2016 cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo:

Debo estimar e estimo substancialmente a demanda presentada por Darleny Mercedes Morel Paulino contra Antonio Mª Filgueiras Paz e acordo modificar as medidas establecidas respecto ao fillo común (…), substituíndo estas polas seguintes:

(1) Atribuír a garda e custodia do menor (…) á nai, con quen convive, con atribución do exercicio da patria potestade mentres o pai permaneza sen contacto co menor.

(2) Fixar un réxime de visitas mínimo do pai co menor, sen prexuízo dos acordos das partes, de todos os domingos, das 11.00 ás 20.00 horas, con entrega e recollida no domicilio do menor.

(3) Fixar unha contribución de alimentos con cargo ao pai e a favor do menor de 200 euros mensuais, con incremento do IPC ascendente cada 1º de xaneiro comezando en 2018.

(4) Os gastos extraordinarios serán asumidos por metade.

(5) Non procede realizar condena en custas da instancia.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

Ferrol, 1 de decembro de 2016

O/a letrado/a da Administración de xustiza