EXD execución definitiva 4042/2016. (P.O. 4735/2008)
Recorrente: Eduardo Emilio Paz Santasmarinas
Letrado: Paulo López Porto
Procurador: Manuel Cupeiro Cagiao
Administración demandada: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes
Letrado: letrado da Xunta de Galicia
Codemandado: Concello de Santiago de Compostela
Procuradora: Belén Casal Barbeito
Letrado: Carlos González-Concheiro Álvarez
No procedemento arriba indicado acordouse expedir o presente edicto co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 24 de novembro de 2016.
«Resolvemos que estimando parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Eduardo Emilio Paz Santasmarinas contra a Orde do 1 de setembro de 2008, ditada pola CPTOPT, pola que se aproba definitivamente o PXOM de Santiago de Compostela, en consecuencia, anulamos parcialmente a mencionada Orde do 1 de setembro de 2008 na exclusiva cuestión relativa ao punto P-11 O Castiñeiriño do artigo 150 do dito PXOM, e declaramos que a parcela descrita no denominado “Fundamento de feito previo” debe recibir a consideración de solo urbano consolidado; sen facer especial condena en custas.
Esta sentenza é susceptible do recurso ordinario de casación do artigo 86 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA) de 1998, que se deberá preparar mediante a presentación de escrito nesta sala no prazo de dez días.
Unha vez que sexa firme esta sentenza, devólvanse os autos orixinais ao xulgado de procedencia, xunto con certificación e comunicación.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos».
Publicación.
A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado relator José María Arrojo Martínez, que estaba celebrando audiencia pública na Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no día da súa data, o que eu, secretaria, certifico.
A Coruña, 12 de decembro de 2016
Inmaculada Pérez Arrojo
Letrada da Administración de xustiza