Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57069

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de citación (324/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Ramiro Baños Sangiao, José Ramón Bugallo Herves, Manuel Ángel Puga Liste, contra Construcciones Pasil, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Construcciones Muyoa, S.L., Grupo Muyoa Desarrollo, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 324/2016, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Construcciones Pasil, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 26.1.2017 ás 10.35 e 10.40 horas, na planta baixa, sala 1, do Edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Construcciones Pasil, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 13 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza