Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57068

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 127/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 127/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones Nanva, S.L., sobre ordinario, se ditou a resolución en que se acorda:

Declarar o executado Construcciones Nanva, S.L. en situación de insolvencia por importe de 487,38 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Nanva, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 12 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza