Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57066

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1164/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1164/2013, por instancia de Fernando Andrade Castiñeira, Manuel Varela Fernández, Fermín Naveira García e José Manuel Moreira González, contra a empresa Rocorelpi, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que se ditou sentenza, con data 28.11.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Fernando Andrade Castiñeira, Manuel Varela Fernández, Fermín Naveira García e José Manuel Moreira González fronte á empresa Rocorelpi, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Rocorelpi, S.L. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Fernando Andrade Castiñeira, a cantidade de catro mil douscentos vinte e nove con vinte e dous céntimos de euro (4.229,22 euros). Os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios do 10 %.

• A Manuel Varela Fernández, a cantidade de catro mil trescentos noventa e oito euros con corenta céntimos de euro (4.398,40 euros). Os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios do 10 %.

• A Fermín Naveira García, a cantidade de catro mil trescentos noventa e oito euros con corenta céntimos de euro (4.398,40 euros). Os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios do 10 %.

• A José Manuel Moreira González, a cantidade de catro mil trescentos noventa e oito euros con corenta céntimos de euro (4.398,40 euros). Os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Rocorelpi, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de decembro de 2016

A secretaria xudicial