Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 448

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (DCT 1025/2015).

Divorcio contencioso 1025/2015

Demandante: Luz Marlene Pino Pomacaja

Procuradora: María Teresa Outeiriño Acuña

Avogada: María Isabel Abel Souto

Demandado: Nelson Antenor Mendoza Flores

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Outeiriño Acuña, en nome e representación de Luz Marlene Pino Pomacaja asistida da letrada Sra. Abel Souto, fronte a Nelson Antenor Mendoza Flores, con documento de identidade número 43824615, maior de idade, sinalado en autos declarado en rebeldía procesual, e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes o 24 de marzo de 200, en Lima, Perú, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Nelson Antenor Mendoza Flores, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016

O/a letrado/a da Administración de xustiza