Consonte o disposto nos artigos 26 e 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudos xa verificados, e una vez recibido o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ás modificacións presentadas do plan de estudos correspondente ás ensinanzas de máster universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación pola Universidade de Santiago de Compostela, con data do 13 de abril de 2016, esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación pola Universidade de Santiago de Compostela, que quedará estruturado segundo consta no anexo.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016
Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Máster universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación
Código RUCT: 4313558
Rama de coñecemento: ciencias sociais e xurídicas.
Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias |
27 |
Optativas |
27 |
Traballo fin de máster |
6 |
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Plan de estudos do máster.
Materia |
Carácter |
Créditos |
Módulo |
Introdución á economía |
OP |
3 |
Nivelación (complementos formativos) |
Introdución á empresa e finanzas |
OP |
3 |
|
Introdución á econometría |
OP |
3 |
|
Modelos de acumulación e cambio estrutural |
OB |
3 |
Módulo básico |
Desenvolvemento económico e sustentabilidade |
OB |
3 |
|
Economía da innovación |
OB |
3 |
|
Sistemas nacionais e rexionais de innovación |
OB |
3 |
|
Comercio, competitividade e innovación |
OB |
3 |
|
Estrutura sectorial e dinámica do sistema produtivo |
OB |
3 |
|
Sector público e dinamización empresarial |
OB |
3 |
|
Planificación estratéxica e deseño de programas e proxectos |
OB |
3 |
|
Avaliación e financiamento de proxectos de investimento |
OB |
3 |
|
Economía das políticas científicas e de innovación |
OP |
3 |
Módulo optativo: especialidade xestión da investigación e da innovación |
Políticas e programas de apoio á I+D e á innovación |
OP |
3 |
|
Fronteiras das ciencias e das tecnoloxías |
OP |
3 |
|
Pautas sectoriais de innovación |
OP |
3 |
|
Deseño, avaliación e xestión de proxectos de investigación |
OP |
3 |
|
Propiedade industrial e intelectual: economía e dereito |
OP |
3 |
|
Dirección estratéxica da innovación |
OP |
3 |
|
Implantación de sistemas de xestión da innovación |
OP |
3 |
|
Creación de empresas de base tecnolóxica |
OP |
3 |
|
Planificación do desenvolvemento rexional e local |
OP |
3 |
Módulo optativo: especialidade desenvolvemento económico rexional e local |
Políticas europeas de desenvolvemento rexional e local |
OP |
3 |
|
Desenvolvemento urbano e terciarización |
OP |
3 |
|
Recursos e desenvolvemento sustentable |
OP |
3 |
|
Desenvolvemento rural |
OP |
3 |
|
Estrutura social e Estado do benestar |
OP |
3 |
|
Política económica das comunidades autónomas |
OP |
3 |
|
Modelos econométricos e análise de datos rexionais |
OP |
3 |
|
Estrutura sectorial e territorial da economía galega |
OP |
3 |
|
Prácticas externas-orientación académico-profesional |
OP |
6 |
Módulo de aplicación |
Materia complementaria do TFM-orientación investigadora |
OP |
6 |
|
Traballo fin de máster |
OB |
6 |
Este máster conta con dúas orientacións:
– Académica-profesional.
– Investigadora.
Na orientación académica-profesional, o alumno terá que cursar a materia de prácticas externas (6 ECTS) e o traballo fin de máster (6 ECTS).
Os alumnos que cursen a orientación investigadora deben realizar o traballo fin de máster (6 ECTS) e cursar a materia complementaria ao TFM (6 ECTS).
Ademais, o máster organízase en dúas especialidades:
– Especialidade en xestión da investigación e da innovación.
– Especialidade en desenvolvemento económico rexional e local.
En cada unha das dúas especialidades o estudante ten que cursar 7 materias da súa especialidade específica das 9 ofertadas.
Por outro lado, o máster tamén prevé un módulo de materias de nivelación (complementos formativos), que deberán cursar os alumnos en función da súa titulación de orixe.