Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2017 Páx. 1063

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 30 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 17 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así, de conformidade coa normativa indicada, procédese á seguinte publicación:

Convocatoria: Orde do 30 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Programa/s: Iniciativa Xove. Subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial de Lugo, cuxa resolución corresponde ao xefe territorial, por delegación da entón conselleira de Traballo e Benestar, segundo o establecido na disposición adicional segunda da Orde do 30 de marzo de 2015.

Crédito orzamentario: 25.110 € (vinte e cinco mil cento dez euros), para o ámbito provincial. Crédito orzamentario total da convocatoria 550.000 € (cincocentos cincuenta mil euros).

Aplicación orzamentaria: 11.06.313A.481.0.

Código do procedemento: BS306B.

Código de proxecto: 2015 00528.

Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiarias e o importe concedido relaciónanse no anexo á resolución.

Lugo, 19 de decembro de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Número de proxecto

Proxecto

CIF

Entidade beneficiaria

Importe subvención concedida

2015/1-2

Actividades de integración para persoas con discapacidade intelectual

G27018365

Aspnais

3.250 €

2015/2-2

Xaque Mate

G27336353

Asociación Cultural Xaquedrum

4.000 €

2015/3-2

Ateibo: creando espazos de encontro no tempo de lecer

G27013309

Asociación Xuvenil Ateibo

3.700 €

2015/4-2

Somos Luz

V27310028

Asociación Xuvenil Arcodavella

1.600 €

2015/5-2

Actividades 2015

G27383785

Asociación Tir N’a Nog

2.570 €

2015/6-2

Todos Somos Xóvenes

G27021187

Asociación Personas Sordas de Lugo (Asorlu)

1.990 €

2015/7-2

Actividades para adolescentes

R2701016D

Cáritas Diocesana de Lugo

4.000 €

2015/8-2

Programa de ocio e tempo de lecer

G27202043

Asociación Síndrome de Down Lugo

4.000 €