Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2016 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, dun servizo integral de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante os anos 2017 e 2018, dous lotes, proposta 72/16-I (expediente 2/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integral de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante os anos 2017 e 2018 (proposta 72/16-I).

c) División por lotes e número: si, 2. Lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes; lote 2: helicóptero e técnicos coordinadores.

d) Prazo de execución: a execución do servizo de cada un dos lotes desenvolverase nas anualidades 2017 e 2018 (precampañas e campañas), de acordo co establecido no punto 2 do prego de prescricións técnicas, unha vez formalizado o correspondente contrato.

e) Admisión de prórroga: si, por dúas anualidades máis.

f) CPV: 60442000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: automáticos, recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 3.877.530,00 €; IVE exento. Importe total: 3.877.530,00 € (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 8.344.396,00 € (incluídas posibles prórrogas e modificacións).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas epígrafes F2 e F3 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Admítese a clasificación: grupo R, subgrupo 6, categoría 5 (lote 1) ou categoría 3 (lote 2).

7. Garantías exixidas: definitiva, polos importes seguintes: lote 1: 166.828,50 €; lote 2: 27.048,00 € (5 % do orzamento de licitación).

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Enderezo: edificio posterior dereito, nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 61 30 e 981 54 60 64 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o 27 de xaneiro de 2017, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=93757.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 27 de xaneiro de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.30 horas do 8 de febreiro de 2017.

11. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios no BOE e DOG será por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: establécese como condición especial de execución que, con anterioridade a cada incorporación, a empresa contratista dispoña das pólizas de seguros coas coberturas estipuladas no número 13 do PPT, do persoal exixido no número 2.9 do PPT para a composición completa das brigadas helitransportadas; dos medios materiais previstos no PPT (EPI, ferramentas, vehículos todo terreo).

13. Data de envío do anuncio ao DOUE: 19 de decembro de 2016.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural