Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 12 de decembro de 2016 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Rodri I e Rodrigil I.

Visto o expediente instruído a efectos da transmisión das bateas Rodri I e Rodrigil I e das concesións administrativas que as amparan, resultan:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 17 de novembro de 2016, Maria Elvira Rodríguez Malvido (35274825R), en nome e representación de Eduardo Rodríguez Martínez (35191532Z), solicitou autorización para a transmisión da concesión das bateas Rodri I e Rodrigil I.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa a disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas.

Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo dos Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Eduardo Rodríguez Martínez (35191466V) e María Elvira Rodríguez Malvido (35274825R), da concesión administrativa e das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rodri I.

Ubicación:

Cuadrícula nº: 61.

Polígono: H.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 14.3.1967 (BOE núm. 77).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Eduardo Rodríguez Martínez (35191466V) e Elvira Malvido Soage (falecida).

Novos titulares: Eduardo Rodríguez Martínez (35191466V) e María Elvira Rodríguez Malvido (35274825R).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rodrigil I.

Ubicación:

Cuadrícula nº: 89.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 20.1.1958 (BOE núm. 28).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Eduardo Rodríguez Martínez (35191466V) e Elvira Malvido Soage (falecida).

Novos titulares: Eduardo Rodríguez Martínez (35191466V) e María Elvira Rodríguez Malvido (35274825R).

Os novos titulares subróganse nos dereitos e nas obrigas do anterior.

De conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das adminstracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpor recurso de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 12 de decembro de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo