Eu, Carlota Fernández Ambros, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, fago saber que no xuízo verbal 368/2016, tramitado neste xulgado por instancia de EAE-EDP Ediformación, S.L., representada polo procurador Sr. Bejerano Pérez, asistido da letrada Cristina Cabo Cabello, contra Juan Antonio Domínguez, en situación procesual de rebeldía, se ditou Sentenza con data do 3 de outubro de 2016, contra a cal non cabe recurso.
De conformidade co disposto no artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil (LAC), e para que lle sirva de notificación ao demandado rebelde e en paradoiro descoñecido, Juan Antonio Domínguez, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.
A Coruña, 17 de outubro de 2016
A letrada da Administración de xustiza