Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2937

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (688/2015).

Eu, Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de José Estévez Sanmiguel fronte a Liliana Isabel Gómez Muñetón ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 194/2016.

Pontevedra, 15 de xuño de 2016.

Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co número 688/2015, no que é parte demandante, José Estévez Sanmiguel, representado pola procuradora Natalia Troitiño Abalo e asistido da letrada Susana Corujo Canabal, e como parte demandada Liliana Isabel Gómez Muñetón, declarada en rebeldía procesual.

Resolvo:

Admito a demanda presentada pola procuradora Natalia Troitiño Abalo, en nome e representación de José Estévez Sanmiguel, contra Liliana Isabel Gómez Muñetón, en rebeldía procesual e, en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o día o 27 de novembro de 2004 inscrito no tomo 28, páxina 139 da Sección 2ª do Rexistro Civil de Ames, con todos os efectos legais que a devandita declaración comporta. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se tivesen outorgado. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal. Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Ames.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se advirte que contra esta cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá prepararse dentro dos cinco días seguintes á súa notificación ante este xulgado e que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe».

E encontrándose a devandita demandada, Liliana Isabel Gómez Muñetón, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 26 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza