Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3524

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 536/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 536/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Viviana Garay Martínez contra Chocolatería Santa Catalina, S.L., Coruña Ministerio Fiscal, Chocolatería Coruñesa, S.L. e o Ministerio Fiscal, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña

Sentenza: 756/2016

Despedimento/cesamentos en xeral 536/2016

Sobre despedimento

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 536/2016

Demandante: Viviana Garay Martínez

Letrada: Sra. Vázquez Méndez

Demandados: Chocolatería Santa Catalina, S.L., Chocolatería Coruñesa, S.L. e o Ministerio Fiscal

A Coruña, 20 de decembro de 2016

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Viviana Garay Martínez fronte a Chocolatería Santa Catalina, S.L. e Chocolatería Coruñesa, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno as demandadas a que readmitan inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización, que aboarán solidariamente as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, é a seguinte:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 4.212,34 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 42,67 euros/día.

3º. Se procede a readmisión, a traballadora deberá de reintegrar a indemnización percibida unha vez firme a sentenza; noutro caso, compensarase a indemnización xa percibida coa que se fixa nesta sentenza.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do social de reforzo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Chocolatería Santa Catalina, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza