Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4152

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial.

En virtude da Resolución do 19 de setembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 183, do 26 de setembro, aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións sobre as ditas relacións de persoas admitidas e excluídas, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 85, do 4 de maio, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueles/as outros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade no cal figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Quenda

Motivo da exclusión

Acuña López, Iria

77416893C

Libre

55

Antelo Ponte, José Manuel

79333723F

Libre

55

Ballesteros Villar, Santiago

36163550Y

Libre

43

Barciela Castro, Jesús

36048652Q

Libre

55

Domínguez Varela, David

45861596X

Libre

55

González Mallo, Enrique

36088904H

Libre

55

Lago Jorge, José Manuel

36075871A

Libre

16

López Castillo, Francisco Manuel

34972017B

Libre

13

Lores Vázquez, Beatriz

36062366E

Libre

17, 20, 58

Martínez Rial, Sonia

44819655S

Libre

55

Mayo Giraut, Rubén

79332953L

Libre

55

Prieto Vigo, Verónica

33340798K

Libre

55

Rodríguez González, Alejandro

36146122N

Libre

58

Rodríguez Paz, Ricardo Manuel

32643703X

Libre

15

Rodríguez Rosado, Roberto Antonio

34880995T

Libre

18

Vázquez Paz, José

32713352S

Libre

55

Villares González, María Luisa

46899893H

Libre

55

Código

Descrición

13

Documentación xustificativa exención taxas fóra de prazo

15

Documento xustificativo exención taxas non cotexado

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

17

Doc. xustif. demandante emprego seis (6) meses antes convocatoria non presentado

18

Doc. xustif. demandante emprego seis (6) meses antes convoc. non válido

20

Taxas non aboadas

43

Desistencia da solicitude

55

Non cumprir ou acreditar requisito titulación

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado