Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4155

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

En virtude da Resolución do 20 de setembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 183, do 26 de setembro, aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións sobre as ditas relacións de persoas admitidas e excluídas, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 84, do 3 de maio, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas definitivamente excluídas que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aquelas outras persoas que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídas será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade no cal figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre:

Apelidos e nome

NIF

Quenda

Motivo da exclusión

Bravo Trillo, Juan Carlos

79324914F

Libre

20, 56, 58

Campo Fraga, Diego

33999323X

Libre

16

Cid Ramos, Alberto

36141270J

Libre

17, 58

Conde Taboada, Arturo

34970047L

Libre

22

García Seoane, María Lucrecia

53160571G

Libre

13

Pena López, Eva

76577510E

Libre

55

Rodríguez Vila, Juan Carlos

36094489Z

Libre

13, 22

Código

Descrición

13

Documentación xustificativa exención taxas fóra de prazo

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

17

Documento xustificativo demandante emprego seis (6) meses antes convocatoria non presentado

20

Taxas non aboadas

22

Taxas aboadas fóra de prazo

55

Non cumprir ou acreditar requisito titulación

56

Documento xustificativo de non percibir prestacións ou subsidio desemprego non válido

58

Documento xustificativo de non percibir prestacións ou subsidio por desemprego non presentado