Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4158

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 18 e 19 de xaneiro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016 (DOG número 100, do 27 de maio), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2,

ACORDOU:

Primeiro. Modificar no modelo de respostas publicado a resposta á pregunta 2 do segundo exercicio, de maneira que a resposta correcta é a letra a).

Segundo. Anular, en base as alegacións presentadas, as preguntas número 4 e 5, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 21 e 22.

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo os/as aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Para estes efectos fíxase en nove (9) o número de respostas correctas precisas para acadar a devandita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Para os/as aspirantes que acceden pola cota de reserva de persoas con discapacidade, base I.1.1, fíxase en sete (7) o número de respostas correctas precisas para acadar a devandita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Quinto. Publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes presentados/as ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e no portal web corporativo (funcionpublica.xunta.gal) da Xunta de Galicia.

Sexto. Que de acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

Óscar Javier Ponte Estévez
Presidente do tribunal