Tendo en conta a actividade do Igape na promoción económica das empresas que comporta a necesidade frecuente de subscribir contratos e convenios con particulares, así como o exercicio de accións e recursos en defensa dos seus intereses.
Considerando que as facultades de representación do Igape están atribuídas ao seu presidente, segundo o artigo 11 da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e na letra b) do número 2 do artigo 9º do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o seu regulamento.
Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Publicar a Resolución do 23 de decembro de 2016 de delegación de facultades:
Primeiro. Delegar na persoa titular da Dirección Xeral do Igape, actualmente Juan Manuel Cividanes Roger, con DNI nº 36082463-V:
A) A formalización, en representación do Igape de:
a) Contratos administrativos e as súas modificacións cos adxudicatarios dos procedementos de contratación, incluída a realización de obras.
b) Negocios xurídicos de disposición sobre bens inmobles titularidade do Igape, así como contratos de arrendamento de bens que sexan precisos para o funcionamento do Instituto.
c) Contratos laborais do persoal do Igape e as súas modificacións, incluídos os contratos de alta dirección, agás o da persoa titular da Dirección Xeral.
d) Contratos de apertura de contas correntes en entidades financeiras, logo de autorización da Consellería de Facenda.
e) Contratos de aval e préstamo, previamente autorizados polo Consello de Dirección do Igape, as súas modificacións, así como se é o caso, a formalización da constitución das garantías reais ou persoais exixibles, e a súa cancelación unha vez amortizado o risco garantido.
f) A rescisión dos préstamos outorgados polo Igape.
g) Aceptar ou rexeitar ofertas directas de adquisición de bens ou créditos pignoraticios e/ou hipotecarios, titularidade do Igape-Comunidade Autónoma de Galicia, con subsistencia ou extinción das contragarantías reais do Igape, nos termos e nas condicións que considere convenientes e logo das autorizacións da Consellería de Facenda que resulten pertinentes.
h) Decidir a adhesión ou non do Igape-Comunidade Autónoma de Galicia como acredor nas propostas de convenio que se formulen nos procedementos de concurso de acredores de empresas beneficiarias de avais e préstamos do Igape, logo de autorización da Consellería de Facenda, de acordo co artigo 22.2 do TRLRFOG.
i) Formular posturas con cargo aos créditos titularidade do Igape-Comunidade Autónoma de Galicia nas poxas e nos alleamentos de bens tomados en contragarantía polo Igape, nos termos e as condicións que considere convenientes e logo das autorizacións da Consellería de Facenda que resulten pertinentes. Pode autorizar os letrados da Xunta de Galicia para compareceren no procedemento xudicial e presentaren a postura.
j) Convenios de colaboración con outras entidades públicas ou privadas para o mellor cumprimento dos obxectivos do Igape previamente autorizados polo Consello de Dirección do Igape.
k) A comparecencia ante xuíces, tribunais e servizos de arbitraxe en defensa do seus intereses, así como o outorgamento para tal efecto de poderes sufientes a letrados e procuradores para a representación en xuízo do Igape.
B) Nos casos de ausencia da persoa titular da Dirección Xeral, habilítase a persoa titular da Secretaría Xeral para que substitúa as facultades delegadas, coa posibilidade de substitución pola súa vez por calquera dos titulares das direccións de área do Igape que a Secretaría Xeral designe expresamente.
Segundo. Delegar na persoa titular da Secretaría Xeral do Igape, actualmente Pablo Casal Espido, con DNI nº 33996778-H, para que, de xeito solidario e indistinto coas facultades outorgadas á persoa titular da Dirección Xeral e da Dirección da Área de Financiamento, poida comparecer ante fedatario público e formalizar os contratos de aval e préstamo que conten con previo acordo de concesión tomado polo órgano competente segundo a súa propia regulamentación.
Así mesmo, deléganse solidaria e indistintamente as facultades necesarias para constituír as garantías previamente aprobadas polos órganos competentes do Igape, tanto reais como persoais, así como a cancelación destas unha vez amortizado o risco garantido.
Terceiro. Delegar na persoa titular da Dirección da Área de Financiamento, actualmente Luis Cerviño Pernas, con DNI nº 52470316-W, para que, de xeito solidario e indistinto coas facultades outorgadas á persoa titular da Dirección Xeral e da Secretaría Xeral, poida comparecer ante fedatario público e formalizar os contratos de aval e préstamo que conten con previo acordo de concesión tomado polo órgano competente segundo a súa propia regulamentación.
Así mesmo, deléganse solidaria e indistintamente as facultades necesarias para constituír as garantías previamente aprobadas polos órganos competentes do Igape, tanto reais como persoais, así como a cancelación destas unha vez amortizado o risco garantido.
Cuarto. Facultar a Pablo Casal Espido, secretario xeral do Igape, para comparecer ante fedatario público e protocolizar esta resolución.
Esta delegación substitúe as publicadas ata a data.
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017
Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica