Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6405

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á Resolución do 17 de xaneiro de 2017 pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo non sanitario desta xerencia.

Conforme os criterios reitores das bases de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondentes ás categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de persoal de xestión e servizos das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde, aprobadas pola Mesa Sectorial o 23 de decembro de 2009, a Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, tras un proceso de negociación coa representación legal dos traballadores deste centro sanitario, e con base nas competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo); pola Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro), pola que se establece a estrutura organizativa de xestión integrada de Ferrol e se delegan competencias nos seus órganos directivos, e pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Ferrol

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria de prazas de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo non sanitario das categorías de mantemento (calefactor/a-electricista-fontaneiro/a-mecánico/a) e lavandaría (costureiro/a-lavandeiro/a-pasador/a de ferro), así como as bases que rexerán a convocatoria.

A formalización das solicitudes de participación, así como o rexistro dos méritos para a súa posterior valoración, efectuarana as persoas concursantes, a través do currículo do profesional habilitado (Fides expedient-e), ao cal se accederá na forma que se indica no anexo III da convocatoria.

Segundo. Ordenar a súa publicación nos taboleiros de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da EOXI de Ferrol, na intranet da EOXI de Ferrol e no Punto de Atención ao Traballador/a.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ferrol, 17 de xaneiro de 2017

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol