Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6417

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 510/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 510/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Assane Ngom contra Allianz Ras Seguros y Reaseguros, S.A., Construcciones Silne, S.L., sobre ordinario, foi ditada sentenza no 30 de decembro de 2016 co número 450/2016 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social nº 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 510/2013 de procedemento ordinario, seguidos por instancia de Assane Ngom, representado e asistido pola letrada Sra. Rodríguez López; contra Construcciones Silne, S.L., que non compareceu ao xuízo oral; e contra Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., representada pola procuradora dos tribunais Sra. Sánchez Silva e asistida polo letrado Sr. Botana Castro, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española e en nome de S.M. o Rei, dito a presente sentenza, con base nos seguintes[…]

Estimando parcialmente a demanda interposta por Assane Ngom, contra Construcciones Silne, S.L. e contra Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., debo condenar e condeno solidariamente a mercantil Construcciones Silne, S.L. e a compañía aseguradora Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. a aboaren ao demandante Assane Ngom, en concepto de indemnización de danos e perdas derivados do accidente de traballo sufrido o día 17 de decembro de 2008, a cantidade de 52.986,78 euros, e condeno Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. ao aboamento dos xuros legais fixados no artigo 20 da Lei de contrato de seguro sobre a devandita cantidade.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construciones Silne, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza