Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6651

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2017 pola que se actualizan os anexos V e VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación, e o anexo I e II da Orde do 29 de xuño de 1994 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e dos prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para unha aplicación adecuada das taxas e dos prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, a orde á que fai referencia o título desta resolución procedeu a codificar tanto as diferentes taxas como os servizos xestores que as aplican.

Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que viñeron crear ou modificar as tarifas existentes, razón pola que mediante esta resolución se procede a revisar as codificacións recollidas nas ordes citadas, consonte coa autorización contida no parágrafo 2 da disposición adicional da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992 e coa autorización contida na disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994.

As normas que motivan as modificacións son as que se citan a seguir:

– Lei de medidas fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2017.

– Decreto 47/2016, do 21 de abril, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes ás pericias efectuadas, por solicitude de particulares, polo Instituto de Medicina Legal de Galicia nas reclamacións extraxudiciais por feitos relativos á circulación de vehículos de motor.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 referida e da disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar o anexo V da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

Engadindo o servizo na Consellería 04 Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

25

Instituto de Medicina Legal de Galicia

Segundo. Actualizar o anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992,do xeito seguinte:

A) Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

30.11.09

Transmisión da autorización de instalación dun casino de xogos

30.11.10

Utilización de nova dependencia para almacenar naipes

31.44.08

Detección de Norovirus GI e GII en mostras de moluscos co método PCR en tempo real

31.52.00

Autorización de «Mercado excelente»

32.19.16

Inscrición no Rexistro de Instalacións eléctricas de Alta Tensión e de Liñas Eléctricas de Baixa Tensión

32.19.30

Modificación no Rexistro de Instalacións de Almacenamento de Produtos Químicos (APQ)

32.19.31

Modificación no Rexistro de Instalacións con Equipamentos a Presión

32.19.32

Modificación no Rexistro de Instalacións Eléctricas Receptoras

32.19.33

Modificación no Rexistro de Instalacións Petrolíferas

32.19.34

Modificación no Rexistro de Instalacións de Protección contra Incendios

32.19.35

Modificación no Rexistro de Instalacións Frigoríficas

32.19.36

Modificación no Rexistro de Instalacións Térmicas nos Edificios

32.19.37

Modificación no Rexistro de Depósitos de Gas

32.19.38

Modificación no Rexistro de Instalacións Receptoras de Gas

32.19.80

Baixa nos rexistros de instalacións afectadas por regulamentos de seguridade industrial

32.29.15

Transmisión, arrendamento ou gravame de dereito mineiro

32.52.20

Modificación da inscrición por ampliación do prazo de almacenamento de residuos

32.52.21

Modificación da inscrición por recodificación de residuos de producidos

32.77.04

Aprobación de proxecto de perforación xeotérmica de moi baixa entalpía

32.80.00

Revisión e verificación do cumprimento dos compromisos adquiridos polos importadores de produtos co servizo de inspección Servizo Oficial de Inspección, Vixilancia e Regulación do Comercio Exterior (SOIVRE) para a súa comercialización

B) Modificando os códigos seguintes:

30.11.02

Permiso de apertura ou traslado

30.11.04

Modificación de autorización de instalación

30.11.05

Modificación de inscrición no Rexistro de Casinos de Xogos

31.07.04

Expedición de certificados zoosanitarios e zootécnicos, incluídos os relacionados cos movementos de animais vivos e produtos de orixe animal, salvo que as tramitacións de autorizacións de traslado de animais se realicen de xeito telemático a través da Oficina Agraria Virtual da consellería competente en materia de gandaría e acuicultura (mínimo 2,91 € por cada certificación)

31.07.08

Revisión, toma de mostras e informes técnicos por petición de parte de industrias, explotacións gandeiras e operadores comerciais de animais acuáticos e explotacións de acuicultura non previstos nos programas oficiais

31.07.09

Autorización e rexistro de comerciantes de gando, transportistas, medios de transporte, centros de concentración de gando e operadores comerciais de animais acuáticos

32.07.06

Autorización de organismos notificados, laboratorios de ensaio, entidades colaboradoras de administración, entidades auditoras e de inspección e laboratorios de calibración industrial

32.15.00

Servizo de guindastres torre

32.19.01

Inscrición ou modificación de importancia no Rexistro de Ascensores

32.19.03

Inscrición no Rexistro de Depósitos de Gas

32.19.04

Inscrición no Rexistro de Instalacións Eléctricas Receptoras

32.19.05

Inscrición no Rexistro de Instalacións Frigoríficas

32.19.06

Inscrición ou modificación no Rexistro de Guindastres Móbiles Autopropulsados

32.19.07

Inscrición ou modificación no Rexistro de Guindastres Torre

32.19.08

Inscrición no Rexistro de Instalacións Térmicas nos Edificios

32.19.10

Inscrición no Rexistro de Instalacións Petrolíferas

32.19.11

Inscrición no Rexistro de Instalacións de Protección contra Incendios

32.19.12

Inscrición no Rexistro de Instalacións Receptoras de Gas

32.19.13

Inscrición no Rexistro de Instalacións de Almacenamento de Produtos Químicos (APQ)

32.19.14

Inscrición no Rexistro de Instalacións con Equipamentos a Presión

32.19.15

Inscrición no Rexistro de Instalacións Eléctricas de Alta Tensión e de Liñas Eléctricas de Baixa Tensión

32.36.04

Inspección, informes e outras actuacións por petición do interesado realizadas por persoal da Inspección pesqueira

32.37.06

Autorización administrativa doutras isntalacións de produción eléctrica

32.59.02

Avaliación de novos ensaios clínicos, con medicamentos ou produtos sanitarios

32.68.00

Obras hidráulicas de regulación xestionadas pola Administración hidráulica da Comunidade Autónoma de Galicia por metro cúbico de auga captado

A) Eliminando os códigos seguintes:

32.09.00

Inscrición no Rexistro Industrial así como as preceptivas actualizacións

32.10.00

Cambio de titular en Rexistro Industrial e Mineiro sobre a tarifa consignada no punto 09

32.12.00

Modificación e/ou ampliación de maquinaria e equipamentos

32.13.00

Traslado de instalacións

32.52.07

Autorización ou prórroga da autorización de instalacións de residuos urbanos

32.52.12

Autorización de almacenamento previo

32.59.01

Avaliación de novos ensaios clínicos con medicamentos de uso humano ou produtos sanitarios, actuando o CEIC de Galicia como implicado

Terceiro. Actualizar os anexos I e II da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994 engadindo os seguintes códigos:

353500 Ditames periciais do Imelga

Quinto. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia