Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9893

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 309/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 309/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Abelenda Antelo contra Auto Continental de Vehículos, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 55/2017

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 309/2015, en que foron parte, como demandante/s, Alberto Abelenda Antelo, asistido pola letrada Sra. Verde Crespo, e como demandado/s, Auto Continental de Vehículos, S.L., que non comparece, malia a súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Alberto Abelenda Antelo fronte a Auto Continental de Vehículos, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 7.368,05 euros, máis o xuro do 10 %. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, de ser o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, a parte que non sexa traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, acredite ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, en que se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Auto Continental de Vehículos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza