Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9892

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 289/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 289/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Iglesias Vázquez contra a empresa Azart Arquitectura, S.L.P., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Laura Iglesias Vázquez contra Azart Arquitectura, S.L.P., debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandante a suma de 1.464,75 euros polos conceptos e co detalle efectuados no feito probado terceiro da presente resolución, máis os xuros por mora do artigo 1108 do Código civil desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC desde esta resolución e ata o completo pagamento, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Azart Arquitectura, S.L.P., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza