Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9880

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 220/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 220/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aarón Boquete López contra Moldsan, S.L.U., sobre ordinario, ditouse sentenza o 1 de febreiro de 2017 co número 55/2017 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte.

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 220/2014, seguidos por instancia de Aarón Boquete López, representado pola procuradora dos tribunais Sra. Regueiro Muñoz e asistido pola letrada Sra. Núñez García, contra Moldsan, S.L.U., que non compareceu ao xuízo oral; despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española e en nome da súa maxestade o rei, dito a presente sentenza, con base nos seguintes»

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Aarón Boquete López contra Moldsan, S.L.U., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 6.912,63 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Moldsan, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza