Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9882

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 292/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 292/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles García González contra Acega Formación Continua, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza o 3 de febreiro de 2017 co número 63/2017 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 292/2014, seguidos por instancia de María Ángeles García González, representada e asistida pola letrada Sra. Romero Salgado, contra Acega Formación Continua, S.L., que non compareceu ao acto do xuízo oral; despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes»

«Que, estimando integramente a demanda interposta por María Ángeles García González contra Acega Formación Continua, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a que o aboe á demandante a suma de 13.897,42 euros polos conceptos e coa desagregación efectuados no feito probado terceiro da presente resolución, máis os xuros por demora do artigo 29.3 do ET respecto da suma debida por salarios –que comporta 10.993,15 euros– desde a data de interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución e ata o completo pagamento, e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización –que comporta 2.886,27 euros– desde a papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC desde esta resolución e ata o completo pagamento.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Acega Formacion Continua, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza