Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12644

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (17/2014-0001).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de terzaría de dominio 17/2014-0001 deste xulgado do social, seguido por instancia de Baltasar Rodríguez Liste, José Manuel Requeijo Tojo, Juan Carlos Ferro Castro, Jorge Luis Gómez López, Raul Alexánder Bueno Silva, Manuel Zas Oca, Manuel Ramón Calvo Fernández, Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, fronte a Excavaciones Migasa, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

En Santiago de Compostela o vinte e un de febreiro de dous mil dezasete.

1. Vista a anterior dilixencia de constancia e non tendo sido citado en legal forma o terceirista Maquinaria J Aurteneche y Aurteneche Distribución, S.L., sinálase a seguir nova data para comparecencia.

2. Segundo o acordado pola S.Sª en auto ditado o 12.1.2016, consultada a axenda de sinalamentos deste xulgado para os efectos de sinalar incidente de execución do artigo 238 da LRXS para celebración da vista da terzaría, sinálase para o efecto o próximo día 3 de abril de 2017 ás 11.50 horas na sala de audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas.

3. Cítense as partes, o terceirista e o Fogasa que deberán comparecer con todos os medios de proba de que se intenten valer.

4. A citación á executada Excavaciones Migasa, S.L., verificarase por medio de edicto que se publicará no DOG, tendo en conta que se encontra en ignorado paradoiro.

5. A citación ao terceirista e ás demais partes comparecidas na execución, entenderase practicada coa notificación da presente resolución.

6. Conforme o acordado por S.Sª en auto o 12.1.2016, suspéndense as actuacións relativas á execución dos bens discutidos ata a resolución do incidente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

Para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza