Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12646

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 461/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 461/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emilio Gómez Forján contra Santiago Dos, S.L., Coruña Dos, S.L., Concello de Santiago de Compostela, José Allegue Seoane, Fondo de Garantía Salarial, Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A., sobre ordinario, ditouse sentenza o 21 de febreiro de 2017 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións rexistradas como procedemento ordinario (en reclamación de cantidade) PO baixo o número 461/2014, en que é parte demandante Emilio Gómez Forján, asistido pola graduada social Sra. Mallo Nieves, e son partes demandadas as mercantís Santiago Dos, S.L., Coruña Dos, S.L., o administrador concursal de José Allegue Seoane e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que non compareceron ao acto de xuízo do que devén a presente a pesar de constaren citadas en legal forma e tempo en unidade de autos, e foron así mesmo demandadas inicialmente pero fronte a elas desistiuse do exercicio da acción inicialmente formulada, o Concello de Santiago de Compostela e a mercantil Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (tamén e en diante, TUSSA), en nome do rei, veño ditar a presente con base nos seguintes».

«Que debo estimar parcialmente e estimo parcialmente o escrito de demanda presentado por Emilio Gómez Forján fronte ás empresas Santiago Dos, S.L., Coruña Dos, S.L., o administrador concursal da empresa Santiago Dos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Santiago Dos, S.L. a aboar o demandante na cantidade de 3.155,23 euros en concepto de cantidades salariais percibidas e impagadas, xunto coa cantidade do 10 % de xuro anual (na contía de 315,52 euros) por demora no pagamento do salario ex artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese a presente resolución xudicial a todas as partes comparecidas, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación, que se presentará no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao de notificación da presente ante este órgano de Xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo das consignacións legais fixadas para tal efecto, de acordo co disposto na norma procesual de aplicación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Santiago Dos, S.L. e a Coruña Dos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza