Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18614

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (832/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 832/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Samuel Gómez González contra Juan Liste Brañas sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Estímase a demanda interposta por Samuel Gómez González contra Juan Liste Brañas e declárase a improcedencia do despedimento efectuada polo demandado con efectos do 30 de setembro de 2016 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 41,11 euros diarios ou ben, por elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 452,25 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contado a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Liste Brañas, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza