Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18616

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (21/2014).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 21/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Moledo Gueto contra María del Carmen Olveira Barraza, Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de José Manuel Moledo Gueto, asistido pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez, contra María del Carmen Olveira Bazarra e o Fogasa que non comparece malia estar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 1.889,25 euros como cantidades debidas, máis os intereses previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, percibidos dende a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a María del Carmen Olveira Barraza, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza