Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19333

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, e se procede á sua convocatoria.

BDNS (identif.): 343413.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

a) Grupos informais de entre 5 e 8 mozos e mozas, debidamente identificados, con idade comprendida entre os 18 e 30 anos e empadroados na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade, inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Segundo. Obxecto

O establecemento das bases reguladoras da concesión de axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia que se desenvolven durante o ano 2017 e nas cales os mozos e mozas participen activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por eles mesmos.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de 545.161,57 euros. Finánciase o 100 % do proxecto, cuxo orzamento non poderá ser superior a 5.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

O período subvencionable abrangue desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2017.

Coa presentación da solicitude achegarase o proxecto de iniciativas xuvenís seguindo o modelo publicado na convocatoria.

Todas as entidades e grupos aos cales se lles conceda a axuda e o soliciten recibirán un anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida.

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requírese unha puntuación mínima de 50 puntos na avaliación dos proxectos e a concesión efectuará por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social