Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21799

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3676/2016-GA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3676/2016-GA

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 696/2012. Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: José Antonio Vilar Diz

Avogado: Manuel Ángel Lamas Dono

Procurador: Xulio Xabier López Valcárcel

Recorridos: Lemos Romero, S.L., Fogasa, Granitos Martínez, S.A., Fernández Contreras Granitos, S.A., Granitos Budiño, S.L., David Fernández Grande, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Serafín Santos Rodríguez, Laureano Estévez Fernández, Canteiros de Soutelo, S.L., Granidema, S.L., Seguros Liberty, S.A., comunidade hereditaria de Manuel Rodríguez Rodríguez

Avogado/a: Esther Álvarez Pérez, Fogasa, Rafael de Larriva Pereira, Gema García Gómez, Alfredo Briales de Porcioles, Ramón José Pena Fraga, Pilar Armada Suárez, Celestino Muinelo Voces

Procurador/a: María Ángeles Fernández Rodríguez, María del Carmen Camba Méndez, Alicia Lodos Pazos, José Ramón Curbera Fernández

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3676/2016-GA desta sala, seguido por instancia de José Antonio Vilar Diz contra Lemos Romero, S.L., Fogasa, Granitos Martínez, S.A., Fernández Contreras Granitos, S.A., Granitos Budiño, S.L., David Fernández Grande, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Serafín Santos Rodríguez, Laureano Estévez Fernández, Canteiros de Soutelo, S.L., Granidema, S.L., Seguros Liberty, S.A. e comunidade hereditaria de Manuel Rodríguez Rodríguez, sobre outros dereitos de seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos que, estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante José Antonio Vilar Diz contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo o 8 de marzo de 2016, debemos revogar e revogamos a dita resolución, e con estimación da petición subsidiaria da demanda formulada polo recorrente debemos declarar e declaramos o seu dereito ao aboamento da indemnización de 130.000 euros, condenamos mancomunadamente ao seu aboamento os codemandados David Fernández Grande, S.L., comunidade hereditaria de Manuel Rodríguez Rodríguez, Serafín Santos Rodríguez, Laureano Estévez Fernández, Granitos Budiño, S.L., Granitos Martínez, S.A., Canteiros de Soutelo, S.L., Fernández Contreras Granitos, S.L., Granidema, S.L. e Lemos Romero, S.L., en proporción ao tempo traballado polo demandante para cada empresa demandada, e absolvemos o resto dos codemandados.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Granitos Budiño, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza