Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21797

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4283/2016).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4283/2016 desta sección, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Complejo Osiris, S.L., Lucy América Sevillano Quiñones, Yesenia Cruz Polanco, Adriana María Yepes Orrego, Rosa María Germán Castillo e Fátima Abdulahi, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, estimando o recurso de suplicación formulado pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a Sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ourense, do 11 de xullo de 2016, nos autos de procedemento de oficio seguidos co número 244/2016, anulamos a citada resolución e ordenamos repoñer as actuacións ao momento anterior a ditar sentenza para que o órgano xurisdicional de instancia, con liberdade de criterio, resolva sobre a demanda de oficio presentada pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Concorda ben e fielmente co seu orixinal ao cal me remito, e para que produza os efectos oportunos expido este edicto que asino na Coruña o 7 de abril de 2017. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Sevillano Quiñones, Lucy América; Cruz Polanco, Yesenia e Yepes Orrego, Adriana María, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza